Skip to main content

Administración e Dirección de Empresas celebra este sábado o acto de licenciatura

A promoción 2005-2010 da licenciatura en Administración e Dirección de Empresas celebra este sábado 17 o acto de fin de carreira co presidente de Blu:sens, José Ramón García, como padriño.
O acto terá lugar as 18.00 horas no Palacio de Congresos de Santiago e nel intervirán, ademais do padriño, o vicerreitor de Economía da USC, Miguel Vázquez Taín; a decana do centro, María Teresa Cancelo Márquez; e os profesores María Luisa Del Río Araújo e Juan Luis Castromán Diz.

The contents of this page were updated on 04.16.2010.