RESULTADOS DEPORTIVOS DA USC EN TENIS, XADREZ E JUDO
TenisCampionato de Galicia por Equipos Absolutos Masculinos
O equipo ‘C’ do Club USC iniciou a segunda fase, na que loitaba polo ascenso, cun enfrontamento ante o C.D. Dereito-Empresariais de Ourense. A vitoria foi para estes últimos por 4 a 1. A eliminatoria foi moito máis igualada da que reflicte o marcador final. Na seguinte rolda, o ‘C’ xogará por unha mellor clasificación fronte ao Club Tenis Nigrán sen estar definido onde se xogará.
Campionato de Galicia por Equipos Absolutos Masculinos
O equipo ‘B’ do Club USC xogábase a primeira e decisiva eliminatoria de descenso contra o Club de Tenis Cuatrovientos de Monforte de Lemos. O equipo santiagués conseguiu unha cómoda vitoria por 5-0 e así o vindeiro ano continuará na 5ª autonómica. Agora quédanlle dúas eliminatorias máis nas que mellorará a súa clasificación cara á vindeira tempada. Na próxima xornada xogará fronte ao vencedor do Club Tenis Punta Salera e ao Club de Tenis A Tobeira.
Campionato de Galicia por Equipos Absolutos Masculinos
O equipo do Club USC de segunda categoría iniciou a fase de ascenso á primeira categoría cunha vitoria nas pistas da Pobra do Caramiñal por 4-1. Os puntos santiagueses lográronos Ian Vázquez, José María Giráldez e Eloy Tabeayo en individuais e a parella Giráldez-Tabeayo. Se na vindeira xornada o Club USC vence en eliminatoria de rivalidade local ao Aeroclub de Santiago logrará o ascenso á primeira división. A eliminatoria xogarase nas canchas universitarias o vindeiro domingo ás 10:00 horas.
Campionato de Galicia por Equipos Alevíns Masculinos
O equipo alevín masculino do Club USC xogou este sábado a terceira xornada do Campionato de Galicia por Equipos Masculinos fronte a S.D. Hípica da Coruña. A vitoria foi para os santiagueses por 4-1. Os puntos santiagueses lográronos Javier Romarís, Andrés Señarís e Andrés Mahía en individuais e a parella Romarís-Señarís en dobres.
Campionato de Galicia por Equipos Alevíns Masculinos
O equipo de Club USC retomou este domingo pasado a eliminatoria suspendida pola choiva no seu día fronte ao C. Tenis Squash de Santiago. A vitoria correspondeu á USC por 4-1 grazas a Javier Romarís, Andrés Señarïs e Diego R. Fiúza en individuais e a Romarís e Señarís en dobres. A vindeira xornada do sábado 17 de abril o Club USC visitará as canchas do Escuela de Tenis Canabal en Mera (A Coruña).
Xadrez- 11 xornada de LigaDivisión de Honra
Na teórica derradeira xornada da Liga Galega, o USC disputou un encontro a priori asequible contra o Círculo Xadrez Narón Tuimar, último clasificado da táboa. O enfrontamento resultou nunha vitoria por 4-2 que non salva matematicamente ao equipo pero que deixa unha situación moi favorable para afrontar a 7ª xornada de liga, aprazada polo temporal, fronte a un reforzado “Algalia”. O equipo precisa facer 1,5 puntos para salvarse. Xogaron polo USC Diego Suárez, Roberto Patiño, Daniel Fernández, Xosé Luis Veiga, Graciela Redondo e Cristina Filgueira.
1ª División
O USC Xuvenil tiña un interesante enfrontamento co Xadrez Gallaecia, equipo da zona intermedia da clasificación. Esta foi unha das escasas derrotas nesta campaña do USC, perdendo pola mínima (1,5-2,5). Cómpre destacar que a pesar de xogar como locais, o encontro tivo lugar no local do equipo visitante por necesidades horarias. A pesar da derrota, o equipo xa está matemáticamente salvado. Xogaron Luis Medarde, Anxo Carreira, Jesús Cantero e Ceferino Barcia.
2ª División
Nesta xornada o USC Compostela disputou o seu enfrontamento contra o derradeiro clasificado da táboa, o Pousada das Ánimas de Boiro. Cunha contundente vitoria por 3,5-0,5, o USC aspira a manterse na segunda división á espera dunha emocionante rolda aprazada, fronte ao Algalia de Abaixo, un complicado rival xa que ocupa o segundo posto da táboa. Aínda así, queda todo por decidir. Xogaron polo USC Compostela David Mosquera, José Antonio Marzoa, Michael Metzer e Arturo Rivera, que vén de facer un excelente 5º posto no Campionato Galego Absoluto.
JudoNo Campionato Galego Infantil de Judo celebrado en Lugo /10 os deportistas do Club USC que acadaron medallas foron:
Categoría feminina:-63 Kg Lourdes González González Ouro-57 “ Carmen San José Suárez Prata-52 “ Monserrat Pardo Iglesias PrataCategoría Masculina:+66 kg Darío Moure Barreiro Prata-66 “ Manuel Penido Bermúdez de Castro Prata-60 “ Lucas García González Bronce-55 “ Diego García Sánchez Bronce
Na Fase Final do Campionato Galego Cadete de Judo os deportistas do Club USC que acadaron medallas foron:
Categoría Feminina:
-57 kg Marina Suárez Terrón Prata
Categoría masculina:
-60 Kg Pablo Forján Somoza Ouro
-73 “ Manuel González González Ouro
-90 “ Nicolás Rozas Márquez Bronce