Skip to main content

Deportes tradicionais na USC

O Servizo de Deportes da Universidade de Santiago ten previsto organizar unha liga de deportes tradicionais e práctica libre de billarda, bolos celtas e chave.
Para introducir á comunidade universitaria e demais persoas interesadas nestes deportes tradicionais previamente organizarase unha xornada informativa e de práctica que en Santiago será o 21 de abril de 16:30 a 20:00 horas no campo de fútbol e en Lugo o 22 no exterior do Pavillón Universitario co mesmo horario.
Liga e práctica libreO persoal interesado en participar na liga de deportes tradicionais deberase inscribir a partir do 22 de abril. O número de persoas inscritas por equipo, que poderán non pertencer á comunidade universitaria, deberá ser de entre 2 e 6.
Os calendarios da competición sairán no web de Deportes USC a partir do 24 de abril.

The contents of this page were updated on 04.19.2010.