Skip to main content

A Área de Deportes da USC organiza unha ruta de sendeirismo polo Pirineo Navarro en xullo

A Área de Deportes da USC organiza entre no mes de xullo unha ruta de sendeirismo en Auritz-Burguete, no Pirineo Navarro. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición nesta actividade ata o próximo 16 de xuño nas instalacións da Área de Deportes na Piscina Universitaria.
Con saída dende Santiago o domingo 4 de xullo e regreso o sábado, día 10, a inscrición inclúe media pensión nun hostal de Burguete e en distintas casas rurais das localidades visitadas, a viaxe e os desprazamentos diarios no autobús para facer as rotas en compañía de dous monitores. Esta iniciativa ten un aforo limitada, cun mínimo de 25 persoas e un máximo de 30.

The contents of this page were updated on 04.22.2010.