Piano, violín e clarinete soarán en Lugo nun novo concerto de 'Músicas na vidreira'
Alumnos da Escola Oficial de Música Cantarela e do Centro Autorizado Profesional de Música Galén serán os protagonistas do sexto concerto do ciclo ‘Músicas na vidreira’, unha iniciativa organizada no marco do convenio Lugo Cultural, que terá lugar este luns 26 ás 14:00 horas na vidreira da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Neste recital poderanse escoitar as pezas Sobre as ondas de Rosas, Miniatura rondó de Turk e Cisnes de Saint-Saëns a cargo de Iria Meilán (piano); Minuet de Mozart, Danza alemana de Haydne Marcha funeral dos monicreques de Gounod da man de Antón Carral (piano); e O osiño e a boneca de Kavalevski será interpretadapor Enma Seco e Borja Batallón (acordeóns).
Leire Carbajo (piano) interpretará Minuet de Bach, Paiasos de Kawaleusky e Sonatina de Beethoven, de quen tamén se poderá escoitar a peza Danza escocesa, a cargo de Leire Carbajo (piano) e Oleg Dzevhelo (clarinete). O trío composto por Paula Monte, Balder Rivas e Daniela Lourenço tocará Vals nº2. Jazz Suiten de Chostakovich.
Apoio aos novos talentosO ciclo ‘Músicas na vidreira’ naceu este ano académico co obxectivo de complementar a oferta da programación de música clásica de ‘Músicas a carón da Mosqueira’, ao tempo que pretende servir de apoio aos novos intérpretes lugueses que, cos seus diferentes conservatorios ou agrupacións, teñen a oportunidade de ofrecer actuacións musicais duns trinta minutos de duración na vidreira de Veterinaria.
Nesta actividade participan o Conservatorio Profesional de Música de Lugo, a Escola Oficial de Música Cantarela, o Centro Autorizado Profesional de Música Galén, o Conservatorio de Música Profesional de Fingoi e a Escola de Música Fábrica de Sons.