Skip to main content

Lugo Cultural presenta a segunda edición de 'Sons Creativos'

Representantes das institucións que conforman o convenio Lugo Cultural, a USC, a Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este xoves 29 ás 11:30 horas na Praza Maior de Lugo (diante do Concello), a segunda edición do programa ‘Sons Creativos. Outra maneira de entender a música’, que se desenvolverá na cidade dende o 13 ao 15 de maio.
Na presentación estarán a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, Carme Basadre; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Ao acto asistirán tamén a compositora e directora do Grupo de Creación Musical (GCMUS) da USC, Inmaculada Cárdenas; e o compositor, instrumentista e musicólogo valenciano Llorenç Barber, que presentará a creación ‘Música volante para a Praza Maior de Lugo’.

The contents of this page were updated on 04.28.2010.