Skip to main content

As iniciativas empresariais no rural galego, a análise en Lugo

A iniciativa empresarial no medio rural será o eixo da mesa redonda que se desenvolverá este xoves 29 ás 17:00 horas na Aula 11 da Escola Politécnica Superior de Lugo no marco da segunda edición das xornadas ‘O mundo rural a debate’ organizadas polo centro universitario. Nesta mesa intervirán María López, da Iniciativa de venta directa do leite, e o administrador de Queixerías Bama, Benigno Pereira.
O obxectivo destas xornadas é achegar ao alumnado do campus lugués a actual realidade do medio rural galego a través da propia experiencia dos distintos axentes ou colectivos vinculados ao mesmo.
O programa das xornadas continúa o vindeiro 20 de maio cunha mesa redonda na que se analizará a opción dos montes veciñais en man común como un recurso para o desenvolvemento das áreas rurais. Neste encontro participarán o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o técnico da Consellaría de Medio Rural, Eloy Villada.

The contents of this page were updated on 04.28.2010.