Skip to main content

Clausurouse a XVIII Edición do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior

Na mesa, de esquerda á dereita:  José Carlos de Miguel Domínguez, coodirector do Master; Máximo Pló Casasús, Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de...
Na mesa, de esquerda á dereita: José Carlos de Miguel Domínguez, coodirector do Master; Máximo Pló Casasús, Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de...

A XVIII Edición do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixen os profesores José Carlos de Miguel Domínguez e Miguel Ángel Otero Simón, clausurouse este xoves nun acto presidido polo reitor Senén Barro e que se desenvolveu no Colexio de Fonseca.

Xunto co reitor e os directores do Master, na clausura participaron tamén o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra; o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da USC, Máximo Pló; e a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Teresa Cancelo.Este Master, impulsado pola Universidade, comezou en 1991 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais co obxecto de formar técnicos e directivos especializados en Comercio Exterior, que promovan o proceso de internacionalización das empresas e da economía galega. Conta co apoio económico da Xunta de Galicia e nesta edición remataron o curso 26 estudantes, moitos deles estranxeiros e fillos de emigrantes galegos.

Os alumnos xa levan realizado proxectos de internacionalización para máis de 48 empresas, sendo esta unha das actividades do Master máis práctica e formativa e, ao tempo, máis útil para as empresas galegas, posto que reciben ao remate un proxecto de gran calidade que foi supervisado por expertos consultores no eido internacional.

Prácticas en empresasOutro dos factores que contribúen á formación dos alumnos do Master é a estadía en prácticas en empresas exportadoras galegas. Moitas, máis de 70, son as que colaboran neste posgrao contratando ademais ao final a máis do 80% dos alumnos que as realizan.

The contents of this page were updated on 02.18.2010.