A Oficina de Cursos Internacionais da USC asina un convenio coa Fundación Santiago Centro Área Comercial
O acordo regula as prácticas en empresas para os alumnos estranxeiros
A Oficina de Cursos Internacionais da USC e a Fundación Santiago Centro Área Comercial asinarán este venres 12, as 10:30 horas no Salón Reitoral de San Xerome, un convenio de colaboración para que os alumnos estranxeiros dos devanditos cursos realicen prácticas en empresas.
O convenio asinarano a xerente de Cursos Internacionais da USC S.L., Lanzada Calatayud, e o presidente do Padroado da Fundación, Jose Mª Fernández Fernández. Asisten ademais o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló; a coordinadora do semestre académico para estudantes norteamericanos, Gene González; e a xerente e o secretario do Padroado, Purificación Cendón e Delmiro Prieto.