Skip to main content

Clausúrase a XVIII Edición do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior

A XVIII Edición do Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixen os profesores José Carlos de Miguel Domínguez e Miguel Ángel Otero Simón, clausúrase este xoves 18 nun acto que estará presidido polo reitor, Senén Barro, e que se desenvolverá, a partir das 19:00 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Xunto co reitor e os directores do Master, na clausura participarán tamén o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra; o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da USC, Máximo Pló; e a decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, María Teresa Cancelo.
Este Master, impulsado pola Universidade, comezou en 1991 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais co obxecto de formar técnicos e directivos especializados en Comercio Exterior, que promovan o proceso de internacionalización das empresas e da economía galega. Conta co apoio económico da Xunta de Galicia e nesta edición remataron o curso 26 estudantes, unha boa parte deles recollerán no acto do xoves o correspondente diploma.

The contents of this page were updated on 02.17.2010.