Skip to main content

Comeza en Lugo un curso avanzado de fotografía analóxica

Doce persoas asistirán ao curso avanzado de fotografía analóxica ‘Fotocultur 2’, que comeza este martes 6 na Aula de Fotografía do Campus de Lugo e que se desenvolverá todos os luns, martes e xoves ata o vindeiro 24 de maio en horario de 20:00 a 21:00 horas.
O fotógrafo e coordinador do Espazo Fotográfico da USC, Eduardo Ochoa, dirixirá estas sesións nas que os alumnos poderán ampliar os seus coñecementos sobre os tipos de cámaras, a variedade de formatos, o obturador e diafragma, o fotómetro e telemetro, o flash, os tipos de papeis de revelado ou o retoque das copias. Ademais de participar nas clases teóricas e prácticas, os participantes farán saídas para a toma de imaxes ou para visitar diferentes mostras fotográficas.

The contents of this page were updated on 04.05.2010.