O ciclo 'Aula de Saúde' aborda as desordes alimentarias
Desordes alimentarias é o tema da terceira xornada do ciclo de conferencias ‘Aula de Saúde’. O xefe da Unidade de Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS, o catedrático Felipe Casanueva, coordinará esta sesión que se vai celebrar este xoves 8 a partir das 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina.
A finalidade do ciclo é proporcionar información e orientación sobre temas sanitarios de máxima prioridade para alumnos universitarios. Cunha carga lectiva de un crédito de libre configuración, este mesmo ciclo ofrecerase o este ano aos alumnos de todas as titulacións da USC.
Os temas das próximas sesións estarán orientados a cuestións relacionadas coa ansiedade, estres e depresión (28 de abril); saúde sexual (12 de maio); e cancro e tumores (18 de maio).