Skip to main content

O prazo para presentar solicitudes a Erasmus Prácticas remata o 15 de abril

O prazo de presentación de solicitudes para o programa Erasmus Prácticas remata o vindeiro 15 de abril. Trátase dunha convocatoria de bolsas de mobilidade destinadas a estudantes non titulados para que realicen prácticas en empresas e centros de formación ou de investigación europeas, excluíndo institucións oficiais da UE e corpos diplomáticos.
Das preto de 30 prazas ofertadas, 17 destínanse aos estudantes que propoñan a empresa ou organización onde realizar as prácticas. O resto, entre 8 e 12, pertencen á oferta do consorcio no que participa a USC e coordina Universia a través do portal www.practicaerasmus.es.
As estadías poderán iniciarse a partir deste mesmo 15 de abril e en todo caso terán que estar rematadas o 30 de setembro deste ano.

The contents of this page were updated on 04.07.2010.