Ciencias Económicas e Empresariais celebra este venres o seu patrón recoñecendo o labor do Colexio de Economistas da Coruña
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este venres 9 o seu patrón, San Vicente Ferrer, cunha serie de actos nos que se recoñecerá co Premio Fulget do centro o labor do Colexio de Economistas da Coruña.
Será o vicerreitor de Economía e Financiamento, Miguel Vázquez Taín, quen inaugure o acto, ás 13:00 horas no salón de graos. Deseguido a decana da Facultade, Maite Cancelo, entregaralle ao decano do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira, o Premio Fulget 2009 en recoñecemento á estreita colaboración que mantén desde hai anos co centro universitario. Nas dúas edicións anteriores o premio foille concedido á Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e a Televés.
Entrega de diplomasContinuando coa celebración do patrón, no mesmo acto terá lugar a entrega de diplomas aos gañadores dos V Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos, aos Premios Extraordinarios de Doutoramento do curso 2007-2008 e aos Premios Extraordinarios de Licenciatura 2008-2009.