Skip to main content

Máxima cualificación para a tese de Francisco López Peña, director xeral de Polyships

O director xeral dos Astaleiros Polyships do Grupo Rodman e ex delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, Francisco López Peña, acadou este luns a máxima cualificación pola súa tese doutoral ‘Os problemas fiscais da globalización: cara a un goberno mundial’, dirixida polo profesor Luis Caramés Viéitez.
A tese leuna na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC ante un tribunal formado por María Cadaval, Miguel Vázquez Taín, Fernando González Laxe, Carlos Pinho e Antonio Grandío.

The contents of this page were updated on 02.01.2010.