Unha delegación da cidade italiana de Pisa visitou as instalacións de Uninova no edificio Emprendia

O edificio Emprendia recibiu este mércores a visita dunha delegación da cidade italiana de Pisa que estes días está a visitar Santiago, coa finalidade de establecer contactos cos diferentes estamentos da cidade e así concretar programas de actuación económica, cultural e turística de interese común.
O xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas, recibiu a esta delegación integrada polo tenente de alcalde de Pisa, a concelleira de Relacións Internacionais e o xerente da Ópera da Primaziale, acompañados do concelleiro de Relacións Institucionais do Concello de Santiago, Andrés Fariña.
O obxectivo do encontro foi coñecer de primeira man o funcionamento da Incubadora de Empresas da USC así como as súas novas instalacións coa finalidade de explorar futuras liñas de colaboración en base á metodoloxía empregada na USC en materia de creación de empresas innovadoras de base tecnolóxica.