Docentes de Historia e Ciencias da Comunicación colaboran na mostra 'Ao pé do lar'
Os profesores da USC Xavier Castro e Manuel Gago colaboran nam ostra ‘Ao pé do lar. Memorias de cociña’ que abrirá as súas portas ao público este venres 5 no Museo do Pobo Galego. Mentres que o profesor Gago é o comisario da exposición, Xavier Castro é o responsable dos contidos históricos da mostra.
A través de imaxes, sons, cheiros e sabores, toda persoa que se achega a exposición experimentará e terá ao seu alcance dous mil anos de historia gastronómica de Galicia.
Premio xornalísticoAdemais da participación neste mostra que se poderá visitar ata o 7 de marzo, os dous docentes son colaboradores habituais do programa da Radio Galega ‘Come e fala’, que tamén este venres vai a recibir en Lalín o premio de xornalismo Álvaro Cunqueiro.