Skip to main content

O Edificio Emprendia recibe a visita do programa 'O desafío do saber'

Gustavo Marcos deu conta dos servizos ofrecidos en Emprendia
Gustavo Marcos deu conta dos servizos ofrecidos en Emprendia

O edificio Emprendia recibiu a visita dos asistentes ao programa ‘O desafío do saber’, unha iniciativa do Colexio Compañía de María que se completa con visitas ao Parlamento de Galicia, á Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e á propia USC.
Na súa estadía na USC foron recibidos no Instituto de Investigacións Tecnolóxicas polo seu director, Juan Arias, onde coñeceron os máis novos traballos que se están a desenvolver neste centro tanto en materia de aplicación multimedia e realidade virtual como en sistemas de monitorización para a detección de incendios forestais entre outros.
Completouse a visita no Edificio Emprendia onde foron recibidos polo xerente de Uninova, Gustavo Marcos, quen lles explicou as particularidades do Programa Uniemprende, así como as funcións que se están a realizar en incubación e financiación de Empresas de base tecnolóxica na Universidade.

The contents of this page were updated on 02.05.2010.