A Asociación de Restauradores da USC colabora de maneira desinteresada co programa Fútbol Social da UMAD
A Asociación de Restauradores da Universidade de Santiago, na que se agrupan os comedores e cafetarías que ofrecen servizos de restauración nos campus, está a colaborar desinteresadamente no programa da UMAD ‘Fútbol Social’ no que tamén participa a USC. O programa, que en esencia busca espazos de sociabilización na cidade, consiste nun partido de fútbol semanal entre persoas inmersas en programas de deshabituación e xente voluntaria da USC. O encontro prodúcese todos os xoves ás 17:00 horas no Pavillón de Pontepedriña. Logo do deporte, todos e todas repoñen forzas nunha merenda conxunta cedida altruistamente polas cafetarías e comedores da USC.