Skip to main content

A simulación numérica pode axudar a comprender incendios

Simulación numérica, incendios e arquitectura son os tres ingredientes que se mesturarán nun taller a celebrar o vindeiro mes de decembro, o día 2, na Facultade de Matemáticas baixo o lema Workshop on Numerical Simulation of Building Fires. Grupos de investigación matemática, arquitectos, enxeñeiros e persoal de organismos públicos participarán neste encontro que estudará as posibilidades que a simulación numérica pode propiciar no estudo do comportamento estrutural de edificios durante un incendio. De xeito conxunto se debaterán sobre as leis dos materiais a altas temperaturas, a simulación numérica no ámbito da deformación termomecánica de estruturas durante un incendio, o software dispoñibles neste ámbito ou seguridade contra incendios. Organizan este encontro as profesoras da USC Patricia Barral e Peregrina Quintela, xunto coa docente da Coruña, Mª Cristina Naya. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o próximo 29 de novembro.

The contents of this page were updated on 11.03.2010.