Skip to main content

Un curso avalía a intervención sociosanitaria con poboacións en risco de exclusión

O curso pretende favorecer entre os futuros profesionais sanitarios a adquisición de habilidades de intervención e atención a colectivos con necesidades especiais
O curso pretende favorecer entre os futuros profesionais sanitarios a adquisición de habilidades de intervención e atención a colectivos con necesidades especiais

‘Intervención sociosanitaria con poboacións en risco de exclusión’ é a primeira dunha serie de iniciativas formativas que van organizar conxuntamente a Escola de Enfermaría, Médicos do Mundo e Estudantes sen Fronteiras.
O curso arrancou no Salón de Actos do edificio docente Novoa Santos (anexo ao CHUS) onde se vai desenvolver proximamente os días 10, 11, 18 e 24 de maio logo das dúas primeiras sesións celebradas estes luns e martes.
A súa intención é favorecer a adquisición de habilidades de intervención e atención a colectivos con necesidades especiais como son as persoas en contexto de prostitución, consumo de drogas ou inmigrantes sen recursos. O curso tentará mellorar a sensibilidade de futuros profesionais dos servizos de saúde sobre a problemática da poboación inmigrante, dotándoos de ferramentas que axuden no seu traballo diario.

The contents of this page were updated on 05.04.2010.