Skip to main content

O reitor recibiu aos integrantes da Ruta Quetzal no Colexio de Fonseca

O reitor Casares charla cun grupo da Ruta Quetzal no claustro de Fonseca
O reitor Casares charla cun grupo da Ruta Quetzal no claustro de Fonseca

O reitor Juan Casares recibiu o domingo 25 pola tarde, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, aos integrantes da Ruta Quetzal. Despois, os integrantes desta ruta visitaron a Biblioteca América da Universidade, asentada tamén no pazo de Fonseca.

Nesta recepción participaron ademais o subdirector da Ruta, Andrés Ciudad; o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo; a directora da Biblioteca Xeral, Isabel Casal, e a directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas, Pilar Cagiao.

A edición Ruta Quetzal BBVA 2010 conmemora 25 anos de expedicións entre América e Europa viaxando a México para seguir os enigmáticos Camiños Brancos Maias e a través deles coñecer os segredos desta civilización na Península de Yucatán. Ademais, a Ruta atópase en Galicia para percorrer o Camiño de Santiago e celebrar a festividade do Ano Santo Xacobeo 2010.

Neste contexto, visitaron a Biblioteca América como expoñente máis netamente americanista da institución académica compostelá, no seu día fundada para estreitar vínculos intelectualmente co continente americano.

Segundo os seus promotores, a ruta é un programa que os seus promotores definen como "iniciático ilustrado e científico", no que mesturando cultura e aventura preto de 8.000 rapaces europeos, americanos e de países como Marrocos, Guinea Ecuatorial, Filipinas e China tiveron a oportunidade nos últimos vinte e dous anos de descubrir as dimensións humanas, xeográficas e históricas doutras culturas.

Foto de grupo dos integrantes da Ruta Quetzal cos responsables da USC De dereita a esquerda, Isabel Casal, Javier Garbayo, Juan Casares, Andrés Ciudad e Pilar Cagiao

The contents of this page were updated on 07.25.2010.