Skip to main content

Sinatura da renovación do convenio para o financiamento do CITT do Campus de Lugo

A USC, Caixa Rural Galega, Deputación Provincial de Lugo e a Confederación de Empresarios Lucense (CEL) renovarán o vindeiro luns 26 o convenio de colaboración para o financiamento do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía do Campus de Lugo. Na firma, que terá lugar na Sede de Caixa Rural (rúa Montero Ríos, 24), estarán presentes o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o presidente de Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero; e o vicepresidente da Confederación Empresarial Lucense, David Manuel García.

As entidades asinantes valoran positivamente o labor desenvolvido polo CITT pola súa transcendencia na promoción de actividades de investigación tecnolóxica e a súa difusión no medio económico e social, favorecendo a interrelación entre as actividades universitarias e as necesidades empresariais.

The contents of this page were updated on 07.23.2010.