Fondo pesar na USC polo falecemento da traballadora Rosa Lorenzo Veloso
O falecemento este sábado pasado da traballadora da USC Rosa Lorenzo Veloso enche de pesar á comunidade universitaria, que quere trasladarlle á súa familia e achegados as súas máis sinceras condolencias.
O enterro de Rosa Lorenzo, secretaria administrativa do Instituto de Medicina Legal, oficiarase este luns ás 17:30 horas na capela de Boisaca. O martes, 4 de maio, oficiarase ás 19:00 horas un funeral na Igrexa de San Francisco.