Skip to main content

Remata o prazo de inscrición do seminario que analizará a mediación penal a partir de experiencias nacionais e europeas

O instituto de Criminoloxía da USC organiza un seminario no que se abordarán as particularidades da mediación penal tomando como referencia diversas experiencias nacionais e europeas. As persoas interesadas nesta proposta formativa poden formalizar a súa inscrición ata o próximo venres, día 7.
Representantes do Consello Xeral do Poder Xudicial, da Audiencia Provincial de Alacante, do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e do Ministerio de Xustiza achegarán as súas experiencias conxuntamente con docentes e investigadores das universidades de Tromsø (Noruega), Lovaina, Minho e da propia USC.
O seminario botará a andar cunha referencia ao proxecto de mediación penal do Consello Xeral do Poder Xudicial, para continuar cunha análise da situación nos Países Escandinavos, Bélxica e en Portugal. Na segunda xornada do encontro avaliaranse a experiencia en mediación penal da Audiencia Provincial de Alacante, así como experiencias de mediación penitenciaria entre o recluso e a vítima.

The contents of this page were updated on 05.03.2010.