Skip to main content

Empresarios galegos analizarán este mércores en Lugo as normativas de calidade nos produtos alimentarios

A seguridade alimentaria centrará unha xornada informativa que se desenvolverá este mércores 5 na Aula de Produtos Lácteos da USC en Lugo en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Organizada polo Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia e a consultora Grupo PFS, a xornada pretende transmitir aos asistentes a importancia da seguridade no sector alimentario a través da implantación dos protocolos internacionais e doutros selos de calidade, como é o caso das marcas de Galicia Calidade ou do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Ademais de representantes destas marcas, o encontro contará coa participación de responsables de Innolat, a Casa Grande de Xanceda dedicada á produción ecolóxica, Pexego e a Queixería Casleiras. Estes empresarios falarán das súas experiencias reais de aplicación das normativas de seguridade nos produtos destinados ao consumo que elaboran, co fin de dar resposta ás esixencias de calidade de distribuidores e consumidores.

The contents of this page were updated on 05.04.2010.