As dietas atlántica e mediterránea, fronte a fronte
O presidente da Fundación Dieta Mediterránea, Lluis Serra, e o responsable científico da Fundación Dieta Atlántica da USC, Rafael Tojo, compartirán este xoves 6 unha mesa de debate para analizar polo miúdo as particularidades de ambas as dúas propostas gastronómicas.
A sesión, que leva por título ‘Dieta atlántica e dieta mediterránea: saúde, calidade e felicidade’, celebrarase a partir das 19:00 horas no Centro Sociocultural Caixanova (Praza de Cervantes s/n) presentado polo reitor Senén Barro, presidente da Fundación Dieta Atlántica.
Esta Fundación é un organismo creado pola USC para fomentar o estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica para a saúde e o benestar da poboación. Foi declarada Fundación de interese sanitario e de interese galego en 2007.