Skip to main content

Acto académico de graduación da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas en Lugo

A décimo cuarta promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebrará este venres 7 a partir das 19:00 horas o acto de graduación na Aula Magna desa facultade.
A vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos do campus lugués, Marta Miranda, será a encargada de abrir este acto académico, no que intervirán o director xeral de Caixanova e padriño da promoción, José Luís Pego Alonso; o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Luís Gago González; e as representantes desta promoción de alumnos, Ada Pérez e Carlota Blanco.
A esta graduación asistirán tamén o vicedecano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo e presidente da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, Luís García Santalla; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez; e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Nuria Mundiña.
No transcurso do acto farase un recoñecemento ao expediente de María Luísa López Pérez, como o mellor desta última promoción de licenciados en Administración e Dirección de Empresas.

The contents of this page were updated on 05.06.2010.