RESULTADOS DEPORTIVOS DA USC
O atleta da USC Javier Castro Sanzeri proclamouse campión galego en 600 metros lisos no Campionato Galego Cadete de Atletismo en Pista ao Aire Libre celebrado este domingo pasado no Barco de Valdeorras.
Ademais, Álvaro Veiga Vázquez quedou cuarto en 300 metros lisos e Fernando Vales Ferreira sexto nos 1.000.