Skip to main content

Os cursos de verán no Campus de Lugo comezan cunha análise arredor da interacción entre alimentos e medicamentos

A programación da Universidade de Verán 2010 no Campus de Lugo arrancará co curso ‘ Os alimentos e os medicamentos: como interaccionan?’, dirixido por Alberto Cepeda Sáez e Carlos Manuel Franco Abuín. O programa desenvolverase integramente na Facultade de Veterinaria entre os días 19 e 21 de xullo. O curso, para o que se solicitou o recoñecemento como acto científico de interese sanitario pola Consellaría de Sanidade, conta co financiamento da Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega, a Sociedade Española de Farmacia Comunitaria e laboratorios Diafarm. Partindo dunha análise dos tipos de interaccións entre alimentos e medicamentos, a primeira xornada do curso dedicarase á análise das interaccións entre nutrinte e fármaco, coa participación de investigadores da propia USC e da Universidade de Barcelona. Na segunda xornada será a quenda das interaccións fármaco-nutrinte coa intervención ademais de profesionais da Farmacia e a directora da Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN). O curso rematará cunha xornada dedicada ás interaccións fármaco-nutrinte derivadas das novas tendencias en alimentación.

The contents of this page were updated on 07.01.2010.