Skip to main content

O Centro de Estudos e Documentación Europea participa en París nunha xornada da OCDE

Esta mesma semana, o centro participou tamén á novena Conferencia de expertos sobre bo empresarial na UE

O Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) participa estes días en París nunha sesión de traballo da OCDE sobre as súas liñas de recomendación para as empresas multinacionais. Concretamente, a técnico do CEDE Elena Pérez Carrillo presentou as conclusións de traballos previos elaborados na USC con vistas ao reforzamento dos comportamentos éticos das empresas europeas, particularmente daquelas que invisten e traballan en países en vías de desenvolvemento. Á xuntanza acudían representantes de Universidades, gobernos e empresas dos cinco continentes. Fin da presidencia da UE Co gallo do fin da presidencia española da UE, o CEDE tamén participou esta semana en Madrid na novena Conferencia de expertos sobre bo goberno empresarial na UE, da que o Centro de Documentación da USC forma parte deste encontro desde hai varias edicións. O foro acolle a universidades e profesionais do mundo da gobernanza empresarial, que achegan as súas ideas á Comisión Europea. Nesta ocasión, presentáronse dous documentos de importancia de cara ao futuro, os libros Verde sobre retribución de administradores de empresas, e sobre retribución dos directivos das empresas do sector financeiro.

Tanto do encontro de París como do de Madrid, a comunidade universitaria interesada poderá acceder aos documentos correspondentes, previa petición no enderezo cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es), e proximamente na http://www.usc.es/gl/servizos/cede/index.html.

The contents of this page were updated on 07.02.2010.