Skip to main content

Unhas xornadas incidirán na mellora da promoción e a venda dos produtos ecolóxicos

Mellorar a comercialización dos produtos procedentes da agricultura ecolóxica e incrementar a súa presenza nos puntos de venda, son dous dos obxectivos cos que o Grupo de investigación GIS-T Idega organiza as xornadas ‘A agricultura ecolóxica nos puntos de venta’, a través do proxecto da Universidade de Santiago www.granxafamiliar.com e www.galiciaautentica.org. O sector dos produtos ecolóxicos está experimentando unha importante auxe, segundos os promotores das xornadas, o que fai prever un aumento da demanda destes produtos e, paralelamente, un aumento do número de puntos de venda especializados ata niveis similares aos doutros países europeos como Francia ou Alemaña. Con estas xornadas perséguese ofrecer formación específica aos propietarios e empregados dos establecementos onde se venden estes produtos, co gallo de atender máis eficazmente aos consumidores. Deste xeito, os asistentes ás xornadas recibirán nocións sobre ferramentas e estratexias de mercadotecnia e venda que faciliten a presentación e a oferta dos produtos. Programa A xornada celebrarase este xoves, día 16, a partir das 9:30 horas no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia. Logo do acto inaugural, a partir das 10:00 horas, o director do proxecto granxafamiliar.com e integrante do grupo de investigación socio-territorial da USC, Carlos Ferrás, presentará a experiencia acumulada neste ámbito polo proxecto que dirixe. Dará paso ás 10:45 horas ao fundador da primeira tenga de alimentación ecolóxica en Pamplona, Antonio Elizagaray, co relatorio ‘A tenda ecolóxica’. Na sesión de descanso do encontro, entre as 11:30 e as 12:00 horas, realizarase unha degustación de produtos ecolóxicos, para renovar as intervencións coa presentación de Manuel Ares, fundador dun establecemento dedicado á venda destes produtos en Monforte, que falará sobre a xestión do punto de venda.

O relatorio ‘A comercialización dos produtos ecolóxicos’, a cargo de Javier Mendia, xerente de Gumiel y Mendía de Lodosa Navarra, e a celebración dunha mesa redonda sobre os asuntos abordados ao longo do día, porán o broche ás xornadas.

The contents of this page were updated on 09.15.2010.