A promoción 1964-1969 de Dereito celebra o 45 aniversario do inicio da súa etapa universitaria
O reitor Juan Casares recibiu este esta mañá (sábado 18) no Colexio de San Xerome a unha representación da promoción 1964-1969 que cursou os estudos da Licenciatura de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. A recepción celebrarase ás 13:00 horas no Salón de Graos da Reitoría.
A comitiva volve ao espazo universitario coa intención de conmemorar neste ano Xacobeo o 45 aniversario do inicio da súa etapa universitaria. José Otero, catedrático de Mercantil na Universidade de Alcalá de Henares, foi o encargado de facer o discurso de agradecemento ao reitor polo recibimento “que nos fai nesta casa que tamén consideramos nosa”.
Casares Long agradeceulles a todos os integrantes do grupo que se achegaran á Universidade, porque “a participación da sociedade civil é imprescindible, nesta era do coñecemento, para estar entre as mellores universidades do mundo”.
Conforman o grupo preto de medio centenar de profesionais do dereito e da procuradoría, profesores universitarios, funcionarios, maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Tribunal Supremo e da Audiencia Nacional ou o presidente da Fundación Juana de Vega, entre outros.