Skip to main content

A promoción e venda de produtos ecolóxicos centrou unha xornada promovida por granxafamiliar.com

A promoción e venda de produtos ecolóxicos centrou unha xornada promovida por granxafamiliar.com
A promoción e venda de produtos ecolóxicos centrou unha xornada promovida por granxafamiliar.com

Mellorar a comercialización dos produtos procedentes da agricultura ecolóxica e incrementar a súa presenza nos puntos de venda, son dous dos obxectivos cos que o Grupo GIS-T Idega organizou as xornadas ‘A agricultura ecolóxica nos puntos de venta’, a través do proxecto da Universidade compostelá www.granxafamiliar.com e www.galiciaautentica.org. O sector dos produtos ecolóxicos está experimentando unha importante auxe, segundos os promotores das xornadas, o que fai prever un aumento da demanda destes produtos e, paralelamente, un aumento do número de puntos de venda especializados ata niveis similares aos doutros países europeos como Francia ou Alemaña. Con estas xornadas perseguíase ofrecer formación específica aos propietarios e empregados dos establecementos onde se venden estes produtos, co gallo de atender máis eficazmente aos consumidores. Deste xeito, os asistentes recibiron nocións sobre ferramentas e estratexias de mercadotecnia e venda que faciliten a presentación e a oferta dos produtos. A xornada celebrouse este xoves 16 no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia. Logo do acto inaugural, o director do proxecto granxafamiliar.com e integrante do grupo de investigación socio-territorial da USC, Carlos Ferrás, presentou a experiencia acumulada neste ámbito polo proxecto que dirixe. Deu paso ao fundador da primeira tenda de alimentación ecolóxica en Pamplona, Antonio Elizagaray, explicando a súa experiencia no proceso de implantación deste tipo de establecementos. Na sesión de descanso do encontro, realizouse unha degustación de produtos ecolóxicos, para renovar as intervencións coa presentación de Manuel Ares, fundador dun establecemento dedicado á venda destes produtos en Monforte, que falou sobre a xestión do punto de venda.

O relatorio ‘A comercialización dos produtos ecolóxicos’, a cargo de Javier Mendia, xerente de Gumiel y Mendía de Lodosa Navarra, e a celebración dunha mesa redonda sobre os asuntos abordados ao longo do día, puxeron o broche ás xornadas.

The contents of this page were updated on 09.16.2010.