Skip to main content

A entomoloxía, a debate no Campus de Lugo

Cento vinte especialistas españois e portugueses danse cita no XIV Congreso Ibérico de Entomoloxía

Cento vinte especialistas en entomoloxía españois e portugueses danse cita esta semana en Lugo no XIV Congreso Ibérico de Entomoloxía que organiza o Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da USC e que se desenvolve ata este sábado 4 no auditorio da Facultade de Veterinaria. Esta xuntanza científica bianual pretende favorecer a comunicación dos resultados das investigacións entomolóxicas, estimular o intercambio de ideas e entablar a discusión dos aspectos relacionados coa conservación da variada e valiosa fauna entomolóxica ibérica, abordando tanto aspectos básicos como aplicados. O programa científico, que comprende conferencias plenarias e máis de cento trinta comunicacións orais e paneis, aborda ademais cuestións directamente relacionadas co feito de que 2010 sexa o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica. O programa complétase cunha visita o vernes 3 á Serra do Courel na que os asistentes terán a ocasión de coñecer as instalacións da recentemente inaugurada Estación Científica do Courel e de realizar unha visita guiada pola Devesa da Rogueira e outros enclaves da serra luguesa, desenvolvendo diversas actividades como, por exemplo, un testing fotográfico organizado por ‘ Biodiversidad Virtual’.

The contents of this page were updated on 09.02.2010.