Skip to main content

Moonbite Games, spin off da USC, desenvolve unha aplicación que leva ao Ipad a curtametraxe de animación O soldadiño de chumbo

A empresa de base tecnolóxica xurdida da USC Moonbite Games é a responsable de que o conto O soldadiño de chumbo se poida agora seguir en formato audiovisual nos terminais iPad. A iniciativa xorde dunha iniciativa conxunta co Continental Producciones e a editorial Galaxia que inaugura a colección ‘Contos de Cine de Galaxia’ editando a obra de H.C. Andersen como un álbum en formato grande acompañado dunha curtametraxe de animación accesible de xeito interactivo dende os terminais iPad. Moonbite, coa súa sede no edificio Emprendia da USC, achega a este paquete editorial e audiovisual unha aplicación, denominada ‘iMotion Kid’, que posibilita a interactividade das personaxes creadas por Andersen cos lectores que poderán agora participar dunha experiencia novidosa multisensorial. Trátase dunha aplicación que os seus promotores cualifican de “ tecnoloxicamente moi complexa e innovadora a escala internacional”, sendo “cen por cen ‘made in Galicia’. O equipo encargado do seu desenvolvemento é o mesmo que deseñou o formato ‘ iMotion Comic’, número 1 en descargas na súa sección de Appstore España.

The contents of this page were updated on 12.14.2010.