Skip to main content

Presentación dun libro que repasa as últimas novidades nas investigacions arredor do xénero e as mulleres

Cuestións actuais das investigacións realizadas arredor das mulleres e da perspectiva do xénero quedan recollidas no libro Investigaciones actuales de las mujeres y del género, unha obra que se vai presentar este mércores 15 a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Xunto ao reitor Juan Casares, que presidirá o acto, intervirán ademais a coordinadora da publicación e directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX), Rita Radl; a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González; a concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, Mar Martín, e o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Juan Blanco Valdés. A obra inclúe achegas científicas de autoría diversa, tanto do ámbito nacional como internacional, que se foron xestando ao longo da primeira fase da existencia do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC, centro único en Galicia.

The contents of this page were updated on 12.14.2010.