Skip to main content

Expertos internacionais promoven na USC a aplicación de métodos estatísticos en ciencias medioambientais

Expertos internacionais promoven na USC a aplicación de métodos estatísticos en ciencias medioambientais
Expertos internacionais promoven na USC a aplicación de métodos estatísticos en ciencias medioambientais

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC está a organizar o V International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMAV). A xuntanza trata de promover o desenvolvemento e a aplicación de métodos estatísticos espazo-temporais en diferentes campos relacionados coas ciencias medioambientais. Ao encontro, que inaugurou oficialmente o reitor Juan Casares Long na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, asisten como conferenciantes convidados expertos de Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Taiwan, Austria, Alemaña e Noruega. O congreso organizárono ao longo da última década diferentes grupos de investigación españois, sendo as anteriores reunións en Benicassim (2001), Granada (2004), Pamplona (2006) e Alghero (2008, Italia), cun alto nivel de participación e de calidade científica das achegas presentadas. Ao igual que nas edicións previas, editarase un número especial de Environmetrics que reúna os traballos presentados así como un número especial de Journal of Environmental Statistics.

The contents of this page were updated on 06.30.2010.