Skip to main content

A USC incorpórase á plataforma universitaria Koobe de distribución de libros electrónicos cunha trintena de títulos

A UNBE agarda que os eBooks cheguen de forma progresiva ao alumnado de todas as universidades
A UNBE agarda que os eBooks cheguen de forma progresiva ao alumnado de todas as universidades

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu Servizo de Publicacións que dirixe Juan L. Blanco Valdés, acaba de incorporarse á plataforma universitaria de distribución de ebooks ‘ Koobe’ cunha trintena de títulos publicados en 2009 e 2010. A plataforma foi creada pola Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) -formada por máis de 60 universidades de España- e a empresa de servizos Publidisa, que deron este paso ante a cada vez maior aceptación do libro electrónico e a súa utilización como material complementario ao habitual Koobe comezou xa a difundir e comercializar diferentes contidos educativos de maneira que se agarda que os eBooks cheguen de forma progresiva ao alumnado de todas as universidades, confiando en que teña unha boa aceptación “polo familiarizados e cómodos que se senten os estudantes coas novas tecnoloxías en xeral e o uso de Internet na súa vida cotiá en particular”, indican desde Publidisa. Ao mesmo tempo favorecerase a difusión e comercialización conxunta dos fondos das diferentes universidades españolas, un dos retos nos que traballa desde hai tempo a UNE. Unha ebrary propia da USC Neste mesmo ámbito, o Servizo de Publicacións da USC prevé presentar antes do outono a súa propia ebrary ou librería de eBooks, que permitirá a compra e descarga de títulos en formato ePub directamente desde o web do Servizo.

The contents of this page were updated on 06.17.2010.