Skip to main content

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE intervén no Máster en Administración Financeira e Tributaria

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo Aller, participará este martes 29 na programación académica do Máster en Administración Financeira e Tributaria que dirixe o profesor Luis Caramés. ‘Presente e futuro da UE: perspectivas coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa’ é o título da conferencia que vai pronunciar Jesús Gamallo nun acto que comezará ás 16:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

The contents of this page were updated on 06.28.2010.