Skip to main content

Unhas xornadas abordarán a metodoloxía das linguas clásicas

Diríxense a docentes non universitarios

A USC organizará entre os días 10 e 13 e do 18 ao 20 de novembro as I Xornadas Didácticas das Linguas Clásicas, iniciativa que se desenvolve ao abeiro do acordo de colaboración entre a Consellaría de Educación e a Universidade compostelá para a realización de actividades de formación permanente do profesorado non universitario. As distintas sesións programadas celebraranse nas facultades de Filoloxía e de Ciencias da Comunicación con relatorios nos que se trazan pontes entre a astronomía e mitoloxía ou se repasan tamén propostas cinematográficas actuais que recorren aos clásico e as súas fontes iconográficas. Nas xornadas terán cabida igualmente a poesía lírica grega para alumnos de Bacharelato, o ensino da literatura latina en Secundaria e Bacharelato ou a posta en escena do teatro antigo nas aulas.

Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a mariajose.martin.velasco [at] usc.es (mariajose[dot]martin[dot]velasco[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 10.29.2010.