Skip to main content

Analizan na USC experiencias de implantación do grao en centros de Relacións Laborais e Ciencias do Traballo de toda España

‘Experiencias docentes na implantación do grao nos centros universitarios de Relacións Laborais e Ciencias do Traballo’ é o lema dunhas xornadas que este xoves 3 e o venres 4 se vai celebrar na Escola de Relacións Laborais de Santiago coa participar dun centenar de docentes de distintas universidades españolas.
O caso concreto da implantación do grao na USC será o tema que iniciará o programa destas xornadas, a partir das 10:15 horas no Salón de Graos do centro. Esta primeira sesión dará paso á presentación de experiencias sobre procesos similares nas diferentes universidades españolas.
Deseguido, celebraranse unha serie de obradoiros de traballo arredor das áreas de Historia e economía, organización de empresas, psicoloxía, socioloxía e áreas xurídicas. Estas mesmas xornadas continuará pola tarde, dende as 16:30 horas.
A sesión do venres 4 comezará ás 10:00 horas para a posta en común das conclusións ás que cheguen cada unha das áreas de traballo. A clausura das xornadas, ás 11:30 horas, precederá ao pleno da Asociación Estatal de Centros Universitarios de Relacións Laborais e Ciencias do Traballo (ARELCIT).
A ARELCIT constituíse na USC en maio de 2001, sendo unha asociación na que a Escola compostelá mantén unha destacada implicación xa que sempre estivo representada na súa xunta directiva. Na actualidade, o director do centro, Juan Ares, ocupa a secretaría deste colectivo.
No pleno programado para o día 4 participarán preto de 30 responsables de centros universitarios onde se imparten actualmente as titulacións de Relacións Laborais, Ciencias do Traballo ou o grao correspondente.

The contents of this page were updated on 06.02.2010.