Universia lanza un buscador de estudos que aglutina a oferta formativa de grao e posgrao das universidades españolas
Universia acaba de lanzar unha plataforma que pretende aglutinar toda a oferta de estudos de grao e posgrao ofertada polas universidades españolas. Ata o momento incluíronse 10.944 titulacións de grao, 5.316 estudos de posgrao e 1.940 programas de doutoramento.
Estudios Universia clasifica e ordena as posibilidades formativas que ofrecen as universidades españolas mediante unha ferramenta relacional e sistemática que facilita a consulta de titulacións nun escenario heteroxéneo no que agora conviven os antigos estudos oficiais cos novos desenvolvidos no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
A aplicación permite utilizar diferentes parámetros de busca para facilitar a tarefa ao usuario: por tipo de estudo, por modalidade de ensinanza, por institución, por área de coñecemento e por emprazamento xeográfico.
Cada un dos estudos almacenados no directorio posúe una ficha personalizada na que se detallan datos sobre a universidade e o centro responsable de cada programa, o campus no que se imparte, a súa modalidade de ensinanza, a área de coñecemento á que pertence e o vínculo ao sitio web onde é posible consultar o seu plan de estudos.
Tamén é posible consultar información relativa aos requisitos e condicións de acceso, perfil idóneo dos solicitantes, número de vacantes, posibilidades de continuación a outros estudos, perfil profesional dos graduados e saídas profesionais.