Skip to main content

O profesor da USC Alberto Cabada participa en Glasgow nunha conferencia internacional matemática

O profesor da USC Alberto Cabada participa esta semana na Universidade de Glasgow nunha conferencia internacional sobre ‘Problemas emerxentes en análise non lineal e ecuacións diferenciais: avances teóricos e aplicacións’, campo principal de traballo do profesor emérito desa Universidade, Jeff Webb, en cuxa homenaxe se organiza o encontro.
Cabada pronunciará unha das conferencias plenarias xunto con destacados investigadores como Sir John M. Ball, da Universidade de Oxford e presidente da Unión Matemática Internacional entre 2003 e 2006; Jean Mawhin, da Universidade Católica de Louvain (Bélxica); ou John F. Toland, da Universidade de Bath (Reino Unido).

The contents of this page were updated on 06.01.2010.