Skip to main content

USCasa, un portal específico para o estudantado á procura de compañeiros de vivenda

USC, a través da asociación de estudantes internacionais Enxebre Compostela, acaba de crear USCasa, un portal específico para que os estudantes da USC e o alumnado internacional que o vindeiro ano reciba a universidade contacten para compartir vivenda.

Tanto os estudantes a procura de compañeiros de vivenda como os alumnos desprazados lonxe do seu país de orixe terán en USCasa información de primeira man sobre outras universidades e países, así como a posibilidade de practicar idiomas, coñecer outras culturas e ampliar amistades en todo o mundo.

Ligazóns relacionados:

The contents of this page were updated on 06.07.2010.