Skip to main content

Preséntase en Lugo un concerto-homenaxe a Rogelio Groba

Representantes das cinco institucións que participan no convenio Lugo Cultural, a USC, a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este luns 7 ás 12:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo o concerto homenaxe ‘Oitenta anos con Groba’ que a Orquestra de Cámara Galega ofrecerá o 10 de xuño na cidade dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.

Na presentación deste concerto estarán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Xosé Manuel Díaz Grandío; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez. Tamén asistirá ao acto o director da Orquestra de Cámara Galega e fillo do homenaxeado, Rogelio Groba Otero.

Rogelio Groba Groba, nado na localidade pontevedresa de Guláns en 1930, é o máis prolífico dos compositores galegos e un grande impulsor da música de cámara en Galicia.

The contents of this page were updated on 06.04.2010.