Skip to main content

Arranca en Lugo a nova campaña de doazón de sangue na USC

A primeira fase da campaña de doazón de sangue no novo curso da USC arranca o luns 2 de novembro en Lugo. Ese día, entre as 15:30 e as 21:00 horas, haberá unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia fronte ao edificio administrativo da Escola Politécnica Superior. O martes, mércores e xoves, as persoas interesadas poderán doar sangue no mesmo lugar, entre as 9:30 e as 14:30 horas ou dende as 15:30 ata as 21:00 horas.
Campus de SantiagoEn Santiago, a campaña de doazón de sangue comeza o martes 3, e manterase o mércores, cunha unidade móbil situada diante da entrada principal da Facultade de Medicina dende as 9:30 ás 14:30 horas e dende as 15:30 ata as 21:00 horas, e outra unidade diante do pavillón docente do CHUS, só durante a xornada do martes e en horario de mañá.

The contents of this page were updated on 10.30.2009.