Skip to main content

O Grupo Compostela de Universidades celebra en Eslovenia a súa XV asemblea xeral

A Asemblea Xeral do Grupo Compostela celébrase estes días en Portoroz (Eslovenia)
A Asemblea Xeral do Grupo Compostela celébrase estes días en Portoroz (Eslovenia)
No transcurso da xuntanza o escritor libanés Amin Maalouf recibe o XIII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia

O Grupo Compostela de Universidades (GCU) celebra estes días en Portoroz (Eslovenia) a súa XV asemblea xeral, á que asiste o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino. O GCU é unha rede de máis de 70 prestixiosas universidades de Europa e América cuxa principal misión é crear un marco de colaboración para proxectos conxuntos internacionais e contribuír á visibilidade internacional das universidades.
Durante a reunión celebrouse a cerimonia oficial de entrega do XIII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia ao escritor libanés afincado en Francia, Amin Maalouf, polo seu labor e compromiso na construción dunha realidade multi-cultural, multi-confesional e multilingüe. Tanto o seu desenvolvemento persoal como as súas obras están marcados pola guerra civil no Líbano e a súa posterior partida a París, sendo as súas personaxes a menudo viaxeros entre países, linguas e relixións diferentes.
Entre a obra de Amin Maalouf destacan obras de ficción como León el Africano ou El viaje de Baltasar e de non ficción como Las Cruzadas según los Árabes. O galardón, dotado con 6.000 euros e unha medalla conmemorativa e financiado pola Xunta de Galicia, busca recoñecer a traxectoria dunha persoa ou institución en pro dos valores europeos de cooperación e integración.
A asembleaNesta décimo quinta asemblea o Grupo recibiu aos novos socios e analizou as actividades realizadas durante o ano. Así mesmo, presentaronse as conclusións dos catro grupos de traballo (estudos de xénero, estudos europeos, multilingüismo e rutas de Santiago) e un estado actual das actividades, entre as que destacan o programa STELLA, que permitiu a mobilidade de 38 persoas en 2009; as publicacións, a sociedade Compostela Media e diversos proxectos europeos nos que está involucrado o Grupo.
Os socios do GCU recoñeceron nesta xuntanza o labor realizado polo primeiro presidente desta rede universitaria, o Marc Richelle, da Universidade belga de Liege, tal e como se fixera en 2004 co profesor da USC Manuel Freire-Garabal. O profesor Richelle recibiu de mans do actual presidente, Maurits van Rooijen, a Insignia de Ouro da Institución.

The contents of this page were updated on 09.25.2009.