Preséntase no Edificio Emprendia da USC o primeiro cómic interactivo en España para IPhone e IPod Touch
O Edificio Emprendia da USC é o lugar elixido para o lanzamento de IMotion Comic, un innovador formato de cómic dixital para IPhone e IPod Touch que incorpora animacións, opcións de idioma, banda sonora, efectos especias e todos os recursos necesarios para facer evolucionar o cómic tradicional a un novo formato multimedia.
O primeiro dos cómics que se distribuirán será ‘Quotidiania Delirante’, unha adaptación de tres das máis de corenta historias que compoñen a popular obra do artista galego Miguelanxo Prado, que se distribuirá a máis de 70 países en exclusiva a través de AppStore.
A presentación, que terá lugar no Edificio Emprendia da USC ás 12.00 horas do martes 29, contará coa presenza de, entre outros, o presidente do Grupo Continental, Pancho Casal; o director de área de videoxogos de Continental, Carlos Fernández; e do artista galego Miguelanxo Prado.
IMotion Comic é unha produción de Continental Games e Costa Oeste que conta coa colaboración de Paralaxe Multimedia and Virtual System, spin-off do Laboratorio de Sistemas da USC e co apoio da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.