Skip to main content

Un libro dunha docente da USC inicia unha colección de estudos galegos na editorial Peter Lang

Aromas de leyenda de Valle-Inclán: paisaje, mito, representación bucólica é a publicación coa que a editorial Peter Lang, con sede en Suíza e coleccións en diversos lugares de Europa e Norteamérica, inicia a súa nova colección, ‘Galician Studies’.
Creada coa intención de difundir traballos multidisciplinares relacionados con Galicia, a editorial considerou oportuno comezar cun estudo sobre Valle-Inclán. A encargada de iniciar esta nova andaina foi a profesora Soledad Pérez-Abadín Barro, do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC, especializada na literatura española dos séculos XVI e XVII e con publicacións sobre Francisco de la Torre, Fray Luis de León ou Francisco de Quevedo, malia que recentemente estudou tamén a autores do XX como Valle-Inclán ou Cortázar.

The contents of this page were updated on 09.23.2009.